Modificación das datas das probas de acceso á compañía da Aula de Teatro

Finalmente, as probas de acceso á compañía de teatro da nosa Aula serán os días 8, 9 e 10 de setembro, a partir das 18,00 horas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño (Auditorio da Universidade).

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

1ª Convocatoria (Xuño). Probas de acceso para a compañía da Aula de Teatro. Produción teatral “Sweeney Todd. O barbeiro diabólico da rúa Fleet”

Os vindeiros días 3, 4 e 5 de xuño terá lugar a 1ª convocatoria de acceso para a compañía da Aula de Teatro co fin de ir determinando o reparto da próxima produción teatral, Sweeney Todd. O barbeiro diabólico de rúa Fleet. As probas terán lugar na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño (Auditorio da Universidade), a partir das 11,00h.

A segunda quenda de probas terá lugar os días 2 e 3 de setembro, entre as 18,00h e as 21,00h na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño.

Trátase dunha adaptación do musical de Stephen Sondheim e partir do libreto de Hugh Wheeler. Participará na produción desta montaxe a Orquestra do Espazo de Cámara da USC.

Para ampliar información podedes chamar ao 8818 11021 e 8818 11103.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

A montaxe de APNEA (variación 2ª) premiada

1545778_206033746263065_438298164_n

A última produción teatral da Aula de Teatro da USC, Apnea (variación 2ª) vén de recoller dous recoñecidos premios no circuito teatral universitario europeo. Por unha parte, recibiu o Premio da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense votado polo público, ademáis de serlle outorgado no Festival Internacional de Teatro Universitario de Lituania o premio á mellor interpretación, que foi concedido á totalidade do reparto desta montaxe: Miguel Gendre, Alba López, Carlos Hermida, Aldara Cidrás e Marcos Montiel.

http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2014_05/noticia_0096.html

 

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Entrega de premios da XV MOSTRA DE TEATRO UNIVERSITARIO DE GALICIA

Premiados na XV Mostra de Teatro Universitario de Galicia

Premiados na XV Mostra de Teatro Universitario de Galicia

Noraboa ás premiadas e aos premiados nesta decimoquinta edición da Mostra de Teatro Universitario de Galicia.
Onte foi unha tarde moi especial para premiados e non premiados, un momento no que todas as compañías de teatro da nosa universidade compartiron parabéns e un excelente menú gastronómico cociñado por actores, actrices, directores, e deseñadores de iluminación.
Parabéns a todos!

 

PREMIOS DA XV MOSTRA DE TEATRO UNIVERSITARIO DE GALICIA

ACTA 

Reunido en Santiago de Compostela o xurado dos premios da XV Mostra de Teatro Universitario de Galicia, formado por Roi Méndez, Pablo Ferradás e Yolanda Yáñez, quen actou como secretario do mesmo, decide outorgar os seguintes Premios entre a totalidade das montaxes presentadas á Mostra, incluídas as das Aulas de Teatro das universidades galegas:

 PREMIO AO MELLOR ESPAZO ESCÉNICO

 -Para Lorena Conde, por O Envés, de Enlata Teatro

-Para a obra Natureza Viva, de GN

 PREMIO AO MELLOR VESTIARIO

 -Para Lorena Conde, por O Envés, de Enlata Teatro

-Para a obra Desast-rosas, de Artías Teatro

 PREMIO Á MELLOR ILUMINACIÓN

 -Para Javier Quintana, por O Envés, de Enlata Teatro

-Para Helena Salgueiro por Natureza Viva, de GN

 PREMIO AO MELLOR ACTOR

-Para Ramón Ínsua, por Tralo telón, de Pinchacarneiro.

-Para Pablo Fontenla, por A princesa prometida, de Teatro da Falúa.

 Asimesmo, o xurado decide outorgar unha mención especial a Guillermo Miñones por Farsa Plautina, da Compañía Troulaloura

 PREMIO Á MELLOR ACTRIZ

 -Para Marta Gómez, por Tralo telón, de Pinchacarneiro.

 -Para Natalia Ibáñez, por A princesa prometida, de Teatro da Falúa.

Asimesmo, o xurado decide outorgar unha mención especial a Alba López, por Apnea, variación 2ª, da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela. 

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN

 -Para Pinchacarneiro, por Tralo telón

-Para GN, por Natureza viva

 PREMIO AO MELLOR ESPECTÁCULO

-Para Tralo telón, de Pinchacarneiro

-Para Natureza viva, de GN

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

ACTO DE CLAUSURA DA XV MOSTRA DE TEATRO UNIVERSITARIO DE GALICIA

Hoxe mércores día 14 de maio terá lugar no Salón Nobre da USC o acto de clausura da XV Mostra de Teatro Universitario de Galicia ás 20,00h.  No mesmo se fará entrega dos premios aos mellores deseños de espazos escénicos, deseños de iluminación, interpretacións masculinas e femeninas, directores e espectáculos.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Programa da XV MOSTRA DE TEATRO UNIVERSITARIO DE GALICIA

Maquetaci—n 1

Imaxe | Posted on by | Deixar un comentario

Premio de interpretación para APNEA (2ª Variación)

O xurado do XVIII Ciclo de Teatro Universitario da Beira Interior (Covilha – Portugal) decidiu outorgar un premio á mellor interpretación ao conxunto de actrices e actores da montaxe Apnea (2ª variación), presentada neste festival o pasado día 21 de marzo.

Parabéns ao reparto, e agradecementos ao xurado polo premio.

Publicado en Uncategorized | 2 Comentarios