Funcións de “Historia de Pura e Angelita” no 28 RITU de Liexa (Bélxica)

O día 3 de marzo a compañía da Aula de Teatro presentou “Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimento mordaz” na sala do TURLg, en dobre sesión. O aforo do teatro, 180 espectadores, quedou pequeno para o público que encheu a sala nas dúas funcións. Algúns espectadores falaron con nós da montaxe que a Aula de Teatro da USC levara a este festival no ano 2006, “O velorio de Pat O´Connor”, e que recibira tan boa crítica.

O RITU é unha referencia do teatro universitario mundial. Sede da Asociación Internacional de Teatro Universitario nesta edición programou un total de catorce compañías procedentes de Reino Unido, Benín, Francia, Marrocos, Estonia, Bulgaria, Armenia, Polonia, Colombia e da propia Bélxica.

Asistiron igualmente observadores de

Lituania, Reino Unido, Italia, Canadá así como o comité executivo da AITU, que se reuniu durante o festival.

Durante o mesmo tiveron lugar diferentes talleres de interpretación destinados aos integrantes das compañías de teatro programadas.

 

Queremos agradecer o traballo dos técnicos do teatro, que en todo momento estiveron atentos ás nosas necesidades así como aos encargados de transporte e aloxamento. E o entusiasmo co que o público nos acolleu. A todos gracias.

Fotos cedidas polo fotógrafo do RITU.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

4 Responses to Funcións de “Historia de Pura e Angelita” no 28 RITU de Liexa (Bélxica)

  1. Tan só dicir que foi unha gran experiencia!
    Biquiños

  2. Debeu de ser impresionante!! Esperemos que repitades pronto por aquí 😉

  3. Cucu di:

    En aquella obra el que hacía de doctor era impresionante.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s