XVII Festival Internacional de Teatro Universitario

A vindeira semana comeza o XVII Festival Internacional de Teatro Universitario, que a piques estivo de suspenderse por carecer de financiación. A Deputación da Coruña, in extremis, aportou unha dotación económica que fixo posible, aínda que con modestia, continuar cunha cita indispensable entre os amantes do teatro, referencia no teatro universitario.

As funcións, que comezan o luns 4 de abril e rematan o sábado 9, terán lugar no Salón Teatro de Santiago de Compostela ás 21,00 horas. A entrada é de balde, previo paso polo despacho de entradas, que abrirá desde as 18,30 horas.

Comeza o programa a compañía da Aula de Teatro, con “Historia de Pura e Angelita”, á que seguirán compañías de Italia, Asturias, Portugal e Galicia.

Programa

XVII FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO UNIVERSITARIO

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

4 – 9 abril, 2011

Salón Teatro – 21,00 horas

Entrada gratuíta previo paso polo despacho de entradas

Apertura do despacho de entradas: desde as 18,30 horas

Días 4 e 5 de abril

AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. COMPAÑÍA DE TEATRO

HISTORIA DE PURA E ANGELITA. PEQUENO DIVERTIMENTO MORDAZ

Dramaturxia de Roberto Salgueiro a partir do texto “Los gatos” de Agustín Gómez

Duración: 90 minutos

Día 6 de abril

UNIVERSITÀ DEGLI STUDI DI GENOVA. ITALIA

GRUPPO LIMPIDO

COMPAÑÍA TEATRAL BANDA KURENAI

YO VIVO. Delirio para un actor

Libremente inspirado en “Calígula” de Albert Camus

Duración: 60 minutos

Día 7 de abril

ESCUELA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICO DE ASTURIAS

TRES SOMBREROS DE COPA

de Miguel Mihura

(y la compañía de varietés de Buby Burton estrenará en el nuevo music-hall del hotel “Don Rosario” la revista musical:

“ÁMAME EN DICIEMBRE LO MISMO QUE ME AMAS EN MAYO”)

Duración: 105 minutos

Día 8 de abril

TEATRUBI. PORTUGAL

SON[H]O DOR-MENTE

Adaptación libre do texto de Emma Santos “O Teatro”

Duración: 60 minutos

Día 9 de abril

MEQUETREFES

IN-COMUNICANDO. (Exercicio que desencadea a turbación)

Obra de creación colectiva

en base a textos do propio grupo, Gabriel Calderón e Sanchis Sinisterra.

Duración: 75 minutos

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s