Éxito de público no Festival Internacional de Teatro Universitario

Pasados uns días do peche do Festival Internacional de Teatro Universitario queremos agradecer a todo o mundo a súa resposta. Ao público que durante estes seis días nos acompañou puntual e xeneroso en cada función. O número total de espectadores que asistiron a estas seis funcións ascende a 1.472. Non son todos os que quixeron pois moitos quedaron fóra a causa da capacidade do Salón Teatro (260 espectadores). Por iso queremos agradecer tamén á xente que fixo cola a súa paciencia, aos que se anotaron nas listas de agarda para unha entrada o seu ánimo, e o bo traballo realizado polas compañeiras que atenderon o despacho de entradas.

Tamén queremos ter un recordo especial aos técnicos do Salón Teatro, que tan ben coidaron de cada unha das compañías. A todos eles un abrazo.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s