A XII edición da Mostra terá lugar en diferentes espazos e días.
O calendario comeza o día 10 de maio ás 21,00 horas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño (Auditorio da Universidade) e remata o día 1 de xuño no Teatro Principal, tamén ás 21,00 horas. Presentarán os seus traballos un total de 17 compañías. A entrega dos premios que cada ano recoñecen os dous mellores traballos de interpretación masculina, femenina, espazos escénicos, direccións e montaxes terá lugar o luns 6 de xuño no Salón Nobre ás 20,00 horas.
Ademais das compañías independentes da USC tamén participa a compañía da Aula de Teatro da USC, así como as Universidades de Vigo e da Coruña. E tamén un proxecto realizado coa colaboración entre as diversas compañías da USC e ex-integrantes da Aula de Teatro desta universidade, que poñerán en escena “Caricias”, de S. Belbel, os días 18 e 19 de maio na sala Roberto Vidal Bolaño.
O día 26 de abril farase público o programa definitivo.