Peche da XII Mostra de Teatro Universitario de Galicia

O pasado día 1 de xuño finalizou a decimosegunda mostra de teatro universitario na que a USC programa o teatro universitario que se fai en Galicia, así que, ademais das compañías da nosa Universidade tamén estiveron presentes na programación as universidades de Vigo e da Coruña. O total de espectadores que asistiron a esta mostra ascende a 2.517. A todos eles graciñas, así como aos técnicos dos teatros que fixeron posible o traballo e ás persoas que atenderon pacientemente o despacho de entradas.

Rematamos a xornada cun encontro adubiado con viño e empanada na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, onde todas as compañías e colaboradores disfrutamos do momento de lecer e compartimos opinións e anécdotas do traballo realizado ao longo de todo o ano. E gracias por recoller e reciclar o lixo. Que diferenza do lamentable aspecto do campus esa mesma noite, nas festas da Ascensión!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s