Homenaxe a Chusa, con cariño de todas as compañeiras e compañeiros do teatro universitario da USC

As compañeiras da compañía de teatro da USC ARTías envíannos o texto que leron na homenaxe a Chusa, actriz da compañía falecida no pasado mes de agosto, para compartir con todos o seu cariño e a súa emoción:

Desde a incerteza que supón estar falando nun acto desta natureza, para recordar e recoñecer entre os asistentes o paso e señais que Chusa deixou na nosa vida, para saldar débedas coa súa memoria, quizá para que a tristeza sexa menos triste, quizá para sentila máis presente porque o tempo todo o leva e todo o esquece, pensando como todos que se marchou demasiado pronto, e nas oportunidades perdidas e os guiños arrincados a súa vida, dedicamos estas palabras a todos, a Chusa e a nos mesmos:
Querida entre nos, recordamos a túa risa que o mar levou antes de tempo para divertir as estrelas. A túa forza que sen piedade condenaba a inxusticia e a mentira e se carcajeaba mesmo nas narices da hipocresía e a vanidade.
Qué lembranzas ficaron no noso teatro! Entre bambalinas nerviosa, preocupada por os teus que todo saíra ben. Nos ensaios biscoitos, froita e agasallos.Pitillos escapados co Dire, masaxes cómplices entre correccións e repeticións as veces interminables. As veces estoupadas de risa desa que acaricia todas as peles. Non che gustaba alagar, traías a forza dos deuses.
Non calabas. Pelexabas ate o final por a túa razón e recollías en cada rincón a risa do ridículo e de ti mesma. Ninguén nos explicou o castigo inmerecido da nada e a duda, pero ti fixeches máis alegre o noso tempo. Enchiches de forza o noso espazo, acariciaches o desalento… E discretamente marchaches. Sen tempo para contarche, para decirche, para devolverche o teu… Nosa querida amiga.
 – Estamos aqui todas sen saber cómo facer teatro outra vez.
– Quixemos ler algo pero semellaba que outras persoas leerían todos os textos.
– Quixemos traer fotos e música pero xa estaban todas as fotos e toda a música.
– Quixemos facer un mimo pero faltábannos brazos.
– Quixemos ler unha escea curta pero non atopamos ninguna para todas e que o diga todo.
– Quixemos facer un chiste maravilloso, maravilloso, pero non nos pareceu oportuno.
– E lembramos o teatro e atopamos todo.
 E falan da pasión polo teatro e pola vida, dos nervios e da  emoción de cada representación …………………………na voz de Dani vai  Xoana, e Isa, Suli, Esther, Charo, Sonia, Elena e Concha. Na voz de Dani irán todas as Artías
 “Si ti vas eu vou, a beira do río. Si ti vas eu vou, si que vou, vou falar contigo. Si ti vas eu vou, a beira do mare, si ti vas eu vou, si que vou, voute namorare”
 Non me despido, pois sempre estarás aquí… Quero darche as grazas por todo o que nos deches; pola túa compaña, teu apoio, a túa comprensión e presenza.  Unha muller loitadora, que sempre se poñía do lado dos que sofren, que disfrutaba tanto da vida, que amaba tanto este país de marabillas que é Galicia, e a súa lingua, amante das festas e da troula, entusiasta do cine e actriz revelación este ano.  Que ben o pasaches nos cursos de maquillaxe e interpretación. Tantas risas fixemos! Os longos ensaios resultaban tan divertidos….e que tensión tras do telón antes das funcións! especialmente cando actuamos diante do ?teu público? en Vedra. Inesquecíbel resulta para todos a parte final da túa actuación teatral coa que provocabas certa inquedanza entre o público masculino e acendidos aplausos do público en xeral.
 ¡¡¡ Que sorte tivemos de ter ao noso lado a alguén coma ti, en quen confiar, con quen divertirse, con quen soñar…!!!
Por favor, pídolles un grande aplauso para Chusa!!!

ARTías

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s