Funcións do Cabaleiro en Muros, Ourense e Murcia

Durante este mes de abril tivemos funcións en Muros, Ourense e Murcia co noso Cabaleiro.
O día 14 actuamos na Casa da Cultura de Muros, un día de forte chuvia que nos fixo o grandísimo favor de agardar mentres descargabamos e cargabamos a escenografía coa axuda da xente do Concello. Chovía tamén o 16 de abril en Ourense, claro que descargar á porta do teatro é un ben que non todos os arquitectos contemplan cando deseñan teatros e auditorios.

Coma sempre, os eléctricos e maquinistas do Teatro Principal de Ourense fixeron que o traballo fose áxil e cómodo, o que posibilitou, un ano máis, continuar cunha longa tradición que se remonta ao ano de gracia de 2000 que consiste en botar uns futbolíns despois do xantar entre os membros da compañía. O público de Muros e Ourense agasallounos cun cálido aplauso que agradecemos desde aquí.

Acabamos o mes de abril facendo dúas funcións en Murcia cun público afectuoso entre os que se atopaban moitas persoas que xa viran alí con anterioridade as montaxes das Cuñadas e de Pura e Angelita. O día 25 fomos de visita á ESAD, centro co que mantemos unha excelente relación e onde nos abriron as súas portas para asistir a algunhas clases e ensaios despois de falar animadamente con Ángel Serrano, director da escola. Gracias a César Oliva, Sonia Murcia e a Mº Dolores Galindo por compartir o seu traballo connosco.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

One Response to Funcións do Cabaleiro en Muros, Ourense e Murcia

  1. Os eléctricos e maquinistas do Teatro Principal de Ourense merécense sempre un 10. Da gusto traballar con eles.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s