XIII MOSTRA DE TEATRO UNIVERSITARIO DE GALICIA

Un ano máis estamos aquí.

A decimoterceira edición da Mostra de Teatro Universitario da USC ofreceranos a oportunidade de ver os traballos escénicos que as diversas compañías da nosa Universidade, ademais das convidadas de Vigo e da Coruña, estiveron preparando ao longo deste curso académico e que, esperamos, teñan longa vida como en anteriores ocasións, en que recibiron premios no noso país, como foi o caso en 2011 de NNC ou de Teatro no Aramio no Festival Agustín Magán, ou Mequetrefes no Festival de Sada. En moitos casos presentaron os seus traballos en diversas localidades galegas e recentemente en Barcelona, a onde viaxaron Teatro da Falúa e Pinchacarneiro Teatro.

Este ano contamos con compañías novas que se estrean nesta Mostra, como acontece con TIKTAK ou ARTE MAIOR. En total contaremos con 15 espectáculos -13 de compañías da USC- de moi diferente factura aos que asistir desde o vindeiro día 8 de maio ata o 31 do mesmo mes, en que a compañía da Aula de Teatro clausurará a Mostra co seu Cabaleiro.

Todas as funcións son de entrada gratuíta, previa recollida de entrada, e terán lugar ás 21,00 horas, na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, no Salón Teatro e no Teatro Principal.

CARTEL

DIPTICO

O día 1 de xuño farase entrega dos premios da Mostra, que sempre recoñecen os dous mellores traballos en cada categoría: montaxe, dirección, interpretacións masculinas e femininas, espazos escénicos e vestiarios. Este ano os convidados a participar como xurado son Nuria Sanz, Marcos Correa, Ernesto Chao e Roberto Leal, a quen agradecemos desde aquí a súa colaboración.

http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2012_05/noticia_0016.html

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s