O Festival Internacional de Teatro Universitario de Vilnius premia o Cabaleiro de Olmedo

A pasada semana estivemos en Lituania presentando o noso Cabaleiro de Olmedo no Festival Internacional de Teatro Universitario da Universidade de Vilnius, onde compartimos escenarios, xantares e, porque non dicilo, unhas cervexas (“alus”, na lingua do país) con diversas compañías lituanas e con outras procedentes de Dinamarca, Estados Unidos e Italia (convén destacar neste caso, para evitar susceptibilidades, que se trataba de dúas compañías: unha procedente de Roma e outra de Nápoles).

A experiencia resultou fantástica, non so pola oportunidade de presentar o noso cabaleiro galego nun teatro con tanto encanto, o Lélé (“marioneta” en lituano), e de poder intercambiar experiencias con compañeiros doutras latitudes ben diferentes, senón, por riba de todo, polo cálido acollemento dos amigos lituanos Olegas, Rasa, Vytautas, Égél, Dalia… a quen enviamos desde aquí un gran abrazo.

O día 9 de maio foi a nosa presentación, ás 18,30 horas, cun público entregado que fixo que a distancia que uns ven nas linguas mudase nun vehículo de encontros de emocións. Entre os espectadores contamos coa presenza do embaixador de España, quen departiu animado con nós despois da función.

Finalmente,  o xurado do Festival decidiu dar os premios ás mellores interpretacións femininas a Carla Capeáns (D. Alonso), Patricia Coucheiro (Dona Elvira) e Lucía Abarrategui (Tello).

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

2 Responses to O Festival Internacional de Teatro Universitario de Vilnius premia o Cabaleiro de Olmedo

  1. Xoana di:

    Parabéns ás premiadas! e aos demias tamén, claro!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s