Última función do Cabaleiro de Olmedo, na RVB

 

O vindeiro xoves  día 31 de maio presentaremos por última vez o noso Cabaleiro de Olmedo. Será ás 21,00 horas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, a sede da actividade pedagóxica e espazo de ensaios da Aula de Teatro.

Desta maneira poñemos final a unha viaxe que comezou nos primeiros días de outubro de 2011, que nos levou por un proceloso mar de ensaios e a atravesar algún que outro trebón para arrivar a un mar calmo que nos acolleu felizmente en cada porto. Despois da estrea o pasado 21 de decembro presentamos esta peza en Vedra, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Muros, A Coruña, Murcia, Portugal e Lituania. Tivemos a honra de recibir o Premio do Público na MITEU de Ourense e os premios ás mellores interpretacións femininas no Festival Internacional de Teatro Universitario de Vilnius. E agora voltamos ao lugar onde todo comeza.

Se che apetece vir recorda que o aforo da nosa sala é reducido, e que o reparto de entradas comeza ás 20,30.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s