Finaliza o programa de actividades teatrais do presente curso académico

Os vindeiros días 19 e 21 de xuño, ás 20,30 horas -e tamén ás 12,30 horas o día 21- a compañía da USC LasCivas presentará o seu traballo na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, pechando desta maneira as actividades programadas para o curso académico 2011-2012. 

Esta compañía nace do “Taller de Arte Dramática: iniciación á interpretación 1”  co que iniciamos o programa de formación teatral que reuniu un total de 81 alumnos matriculados nos diversos cursos e seminarios de arte dramática.

O 21 de decembro a compañía de teatro da Aula estreou no Salón Teatro de Santiago de Compostela a súa produción anual, O cabaleiro de Olmedo de Francisco de Monteser, que despois visitou os escenarios de Vedra, Muros, Murcia, Lugo, Ourense -onde recibiu o Premio do Público-, Covilha (Portugal), Vilnius (Lituania) -onde as actrices recibiron os premios á mellor interpretación-, A Coruña e, finalmente, Santiago.

Como todos os anos, o mes de marzo acolleu tamén o Festival Internacional de Teatro Universitario, que este ano chegou á súa XVIII edición. As seis compañías programadas reuniron un total de 1.286 espectadores, que durante a XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia chegaron a un total de 2.243 espectadores entre as quince compañías programadas no Salón Teatro, o Teatro Principal e a sala Roberto Vidal Bolaño. Aproveitamos para agradecer desde aquí a colaboración do Centro Dramático Galego e da Concellería de Cultura e, como non, o traballo dos técnicos que asistiron ás compañías durante as montaxes e aos membros do xurado da MOTUG. E como non, tamén a Eloy por facer que as cousas na sala RVB funcionen sempre, a Maricarmen por mantela en perfecto uso, a Xoana, por cedernos as fotos que tirou durante os cursos e, enfin, a todos os que fixeron posible que o traballo saíse adiante.

O vindeiro día 18 de xuño sairán publicadas as datas da convocatoria de probas de acceso á compañía de teatro da USC.

Saúdos e saúde a todos!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s