O vindeiro luns día 17 de decembro, a compañía da Aula de Teatro estreará a súa última montaxe, Agamenón. Volvín do supermercado e deille unha malleira a meu fillo, de Rodrigo García e con adaptación literaria e dirección de Roberto Salgueiro.
A función terá lugar ás 21,00 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela. A billeteira estará aberta desde as 18,00 horas e poderán retirarse, de balde, un máximo de dúas entradas por persoa.
Advertisements