O pasado día 17 de decembro estreamos a nosa última montaxe teatral, o Agamenón de Rodrigo García -texto adaptado durante o proceso de ensaio-, un traballo intenso co que inicia a súa andaina unha nova promoción que comeza na compañía da nosa Universidade.
Moitas grazas aos espectadores que nos acompañaron ese día e á súa apaixonada entrega, e tamén a Moisés e a Pablo, técnicos do teatro que nos puxeron o traballo ben doado.
Advertisements