Malia os tempos de recortes que andan a afogar toda expresión artística e, a piques de ter que suspender a edición do presente ano, por fin conseguimos botar adiante o programa, modesto, do noso XIX Festival Internacional. Agardámosvos no teatro!
4 – 9 marzo, 2013 Salón Teatro – 21,00 horas Entrada gratuíta previo paso polo despacho de entradas Apertura do despacho de entradas: desde as 19,00 horas Días 4 e 5 de marzo AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. COMPAÑÍA DE TEATRO AGAMENÓN. VOLVÍN DO SUPERMERCADO E DEILLE UNHA MALLEIRA A MEU FILLO De Rodrigo García Duración: 54 minutos Lingua: galego Día 6 de marzo COMPAÑÍA DE TEATRO “Nie Ma” UNIVERSIDADE DE SZCZECIN. POLONIA MAGIC NIGHT Duración: 45 minutos Lingua: polaco Día 7 de marzo LICENCIATURA EM TEATRO UNIVERSIDADE DO MINHO. PORTUGAL OS FIGURANTES Exercício performativo sobre o texto de Jacinto Lucas Pires Duración: 25 minutos Lingua: Portugués Día 8 de marzo NNC PIM, PAM, CLOWN De Tomás Afán Duración: 60 minutos Lingua: galego Día 9 de marzo AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE MURCIA LUZ EN TINIEBLAS De Laila Ripoll Duración: 70 minutos Lingua: castelán
Advertisements
Acabades de darme unha alegría, porque encántame o teatro e o ano pasado paséino estupendamente coas obras teatrais que se fixeron. Saúdos a todos e grazas por facernos pasalo tan ben! Saúdos!
Graciñas polo teu apoio. Realmente, este ano foi ben complicado programar o festival con tantas restricións orzamentarias, pero paga a pena facer o esforzo. Sobre todo tendo en conta que este festival é o máis antigo das súas características no conxunto do Estado.
Verémonos no teatro!
Ola!
Estou moi interesada en ir a ver varias das obras de teatro. Por eso gustaríame preguntar se para conseguir as entradas hai que pasar polo despacho de entradas con antelación o mesmo día ou días antes.
Grazas e moita sorte!
Ola, Paula.
As entradas de cada función recóllense no mesmo día, non podes recollelas con antelación. O despacho de entradas abre ás 19,00 horas.
Graciñas por ese ánimo!