O pasado día 23 de marzo, na gala dos premios do festival Teatrofilia -que organiza a Asociación Cultural Papaventos, de Vedra- onde se premiaron ás mellores montaxes deste últimos dez anos, quedaron finalistas no apartado de Mellor Comedia as producións da Aula de Teatro “Trufaldino, servidor de dous amos” (2007) e “As cuñadas” (2010), e recibiu o premio ao Mellor Drama “Historia de Pura e Angelita” (2011), que recolleron Roi Méndez, María Munín e Carla Capeáns, integrantes do reparto desta montaxe.
Moitas grazas e boa saúde para Teatrofilia!
Advertisements