Premios da XIV MOSTRA DE TEATRO UNIVERSITARIO DE GALICIA

O pasado día 9 de maio tivo lugar no Salón Nobre da Universidade o acto de clausura da XIV edición da MOTU de Galicia onde, ademais de facer públicos os premios outorgados polo xurado deste ano tivemos a oportunidade de degustar os máis variados manxares caseiros.

Noraboa a premiadas, premiados, aos que participaron e fixeron posible cada un dos traballos que se presentaron en escena e, tamén, a cociñeiras e cociñeiros que adubiaron co seu talento este encontro.

Participantes e xurado da XIV Mostra de Teatro Universitario de Galicia

PREMIOS DA XIV MOSTRA DE TEATRO UNIVERSITARIO DE GALICIA

ACTA

Reunido en Santiago de Compostela o xurado dos premios da XIV Mostra de Teatro Universitario de Galicia, formado por Pablo Ferradás, Mónica García, Roberto Leal e Diego Meizoso, e actuando como secretario Roberto Salgueiro, sen voto, decide outorgar os seguintes Premios entre as quince montaxes teatrais presentadas na Mostra –quedando fóra de concurso a montaxe da Aula de Teatro da Universidade de Santiago-:

PREMIO AO MELLOR ESPAZO ESCÉNICO

 -Paloma Lugilde, por ANIMALIÑOS

-Sigillatos Galaicos, por EN-CAIXA-DOS

PREMIO AO MELLOR VESTIARIO

 -ArtÍAS Teatro, por DIXO PENE (nai que os pariu)

-Compañía de teatro da USC-LUGO, por ANIMALIÑOS

Asimesmo, o xurado decide outorgar unha mención especial á compañía Pinchacarneiro, por PROXECTO 45

PREMIO Á MELLOR ILUMINACIÓN

-Aula de Teatro Universitaria de Ourensen, por SUICIDIO COLECTIVO CON ENCANTO

 -Paloma Lugilde e Alfredo Sarille, por ANIMALIÑOS

Asimemso, o xurado decide outorgar dúas mencións especiais:

-unha a Pablo Fontenla, por NOITE NA TERRA

-outra á compañía LasCivas, por XX

PREMIO AO MELLOR ACTOR

-Roi Méndez, por SANTA PERPETUA

-Ramón Ínsua, por PROXECTO 45

Asimesmo, o xurado decide outorgar unha mención especial a Pablo Fontenla por NOITE NA TERRA

PREMIO Á MELLOR ACTRIZ

 -Ao conxunto do reparto femenino da compañía de teatro USC-LUGO, por ANIMALIÑOS

-Isa Suárez, por SOÑOS DUN SEDUTOR

Asimesmo, o xurado decide outorgar unha mención especial a Natalia Ibáñez por PROXECTO 45

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN

 -Fernando Dacosta, por SUICIDIO COLECTIVO CON ENCANTO

-Paloma Lugilde, por ANIMALIÑOS

Asimesmo, o xurado decide outorgar unha mención especial a Gustavo Dieste por EXERCICIOS PARA ESCORRENTAR PANTASMAS

PREMIO AO MELLOR ESPECTÁCULO

ANIMALIÑOS, da compañía de teatro da USC-LUGO

-SANTA PERPETUA, da compañía NNC Teatro

Por último, e fóra das categorías obxecto destes premios, o xurado, por unanimidade, quere facer unha mención especial á traxectoria e compromiso da compañía ARTE MAIOR ao longo destres anos.

En Santiago de Compostela, a día 8 de maio de 2013

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s