Aínda que con atraso, queremos agradecer o Premio Suso Díaz á mellor resolución técnica outorgado polos técnicos do Teatro Principal de Ourense, e tamén a mención especial do xurado da MITEU para este Agamenón que pechou a súa xira o pasado día 25 de abril, abrindo a XIV Mostra de Teatro Universitario de Galicia.
E, por último, agradecer a calorosa acollida do público que, en moi diferentes lugares do noso país e no estranxeiro, compartiron todos 55 minutos de emoción e entrega actoral.
Advertisements