Finaliza a actividade teatral do curso académico

Finaliza a actividade teatral do presente curso académico e desde aquí queremos agradecer o traballo de alumnos, profesores, directores e técnicos de escena que fixeron posible tanto o programa de formación como o de exhibición.

Monográfico de interpretación

Durante este curso participaron un total de 67 alumnos no programa aberto de formación, así como 17 alumnos integrantes das compañías de teatro da USC, que participaron no programa gratuíto de formación dirixido a este colectivo, centrado especialmente en aspectos técnicos.

Monográfico de interpretación

O Festival Internacional, que este ano chegou á decimonovena edición, tivo lugar entre os días 4 e 9 de marzo, no Salón Teatro e asistiron un total de 1.073 espectadores. No Salón Teatro, tamén, así como no Teatro Principal e na sala Roberto Vidal Bolaño, programouse a XIV Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que acolleu un total de 16 espectáculos aos que asistiron 2.712 espectadores.

Finalmente, a compañía de teatro da USC presentou o seu Agamenón -de Rodrigo García, a quen queremos agradecer a súa atención- en Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, A Coruña, Vedra, Vimianzo, Granada e Liexa (Bélxica).

Última función de Agamenón, de R. García

Grazas a todos os que nos acompañaron nesta viaxe!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s