Noraboa ás premiadas e aos premiados nesta decimoquinta edición da Mostra de Teatro Universitario de Galicia.
Onte foi unha tarde moi especial para premiados e non premiados, un momento no que todas as compañías de teatro da nosa universidade compartiron parabéns e un excelente menú gastronómico cociñado por actores, actrices, directores, e deseñadores de iluminación.
Parabéns a todos!
PREMIOS DA XV MOSTRA DE TEATRO UNIVERSITARIO DE GALICIA
ACTA
Reunido en Santiago de Compostela o xurado dos premios da XV Mostra de Teatro Universitario de Galicia, formado por Roi Méndez, Pablo Ferradás e Yolanda Yáñez, quen actou como secretario do mesmo, decide outorgar os seguintes Premios entre a totalidade das montaxes presentadas á Mostra, incluídas as das Aulas de Teatro das universidades galegas:
PREMIO AO MELLOR ESPAZO ESCÉNICO
-Para Lorena Conde, por O Envés, de Enlata Teatro
-Para a obra Natureza Viva, de GN
PREMIO AO MELLOR VESTIARIO
-Para Lorena Conde, por O Envés, de Enlata Teatro
-Para a obra Desast-rosas, de Artías Teatro
PREMIO Á MELLOR ILUMINACIÓN
-Para Javier Quintana, por O Envés, de Enlata Teatro
-Para Helena Salgueiro por Natureza Viva, de GN
PREMIO AO MELLOR ACTOR
-Para Ramón Ínsua, por Tralo telón, de Pinchacarneiro.
-Para Pablo Fontenla, por A princesa prometida, de Teatro da Falúa.
Asimesmo, o xurado decide outorgar unha mención especial a Guillermo Miñones por Farsa Plautina, da Compañía Troulaloura
PREMIO Á MELLOR ACTRIZ
-Para Marta Gómez, por Tralo telón, de Pinchacarneiro.
-Para Natalia Ibáñez, por A princesa prometida, de Teatro da Falúa.
Asimesmo, o xurado decide outorgar unha mención especial a Alba López, por Apnea, variación 2ª, da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela.
PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN
-Para Pinchacarneiro, por Tralo telón
-Para GN, por Natureza viva
PREMIO AO MELLOR ESPECTÁCULO
-Para Tralo telón, de Pinchacarneiro
-Para Natureza viva, de GN