Xira de Sweeney Todd. Premios no Festival de Teatro de Covilha

Sweeney Todd. Aula de Teatro da USC

Traballando nos teatros e pelexando con mangueiras, trócolas, proxectores e linóleos indomeables…! É que dicir dos pianos, e do espazo para o contrabaixo, os chelos e os violíns e a impertinente viola…

Sweeney Todd. Aula de Teatro da USC

Nestas últimas xornadas tivemos a oportunidade de traballar en diferentes espazos, no teatro da ESAD de Galicia, no auditorio de Arteixo, no Teatro Principal de Covilha, no Teatro da ESAD de Murcia e no Centro ÁGORA da Coruña. Compartimos cos técnicos das salas as preocupacións por colgar a gaiola onde vai Johanna, engraxamos as mans con esa endiañada cadea que cando sube a máis de quince metros parece que nunca remata de baixar, algúns cafés enriba da escenografía (literalmente), 19827_379917902214051_8170199300242283802_n músicos aprendendo a atar un ciclorama, a ventar unha vara ou a filtrar panoramas e actrices a actores coñecendo as intimidades dun chelo ou dun violín…

A xira que realizamos coas producións da compañía supoñen sempre unha segunda parte no percorrido pedagóxico que iniciamos a comezos de curso académico, cando principiamos os proxectos. Compartir as montaxes con diferentes públicos fai medrar o traballo do reparto e, nesta ocasión, dos músicos da Orquestra do Espazo e Cámara da USC que conforman con actores e actrices e técnicos un equipo sólido e solidario.

Sweeney Todd. Aula de Teatro e Orquestra do Espazo de Cámara da USCTivemos a sorte de recibir no Festival de Teatro de Covilha (Portugal) o Premio do público e o Premio á mellor interpretación feminina (Helena Salgueiro-Mrs. Lovett) e, por riba de todo, o cariño do público que encheu os teatros.

E continuamos!

As fotos son de Miguel Gendre-Sweeney Todd.

11116429_381532795385895_4442716788034432318_o

11096595_378814622324379_2401164500275039121_o

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s