CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO Á COMPAÑÍA DE TEATRO. CONVOCATORIA DE MATRÍCULA NO PROGRAMA DE FORMACIÓN TEATRAL.

As probas de acceso á compañía de teatro da Aula de Teatro da USC terán lugar os días 7, 8 e 9 de setembro de 2015, a partir das 18,30 horas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño. Unha comisión integrada por tres persoas avaliará os tres exercicios propostos: lectura dun poema, proba de voz e improvisación. Poderán presentarse aquelas persoas interesadas en interpretación e dirección.

A matrícula no programa de formación teatral comenzará o día 23 de setembro de 2015, e as aulas comezarán o día 5 de outubro para os itinerarios de dirección e escrita teatral (este último comeza o próximo curso académico) e o día 6 de outubro para o itinerario de interpretación.

Trufaldino, servidor de dous amos (2007)

 

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

8 Responses to CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO Á COMPAÑÍA DE TEATRO. CONVOCATORIA DE MATRÍCULA NO PROGRAMA DE FORMACIÓN TEATRAL.

  1. oscar di:

    para presentarte á proba tes que ter algun tipo de vinculacion coa USC? imaxino que si….
    ( no meu caso serían 35 anos de idade y estudei en barcelona, ainda que son de Santiago, co cal imaxino que nada….)

  2. chEntE di:

    Ola.
    O poema debe ser escollido por un mesmo ou é facilitado pola comisión no día das probas?
    Un saúdo

  3. Mr. Ruppert di:

    A matrícula na formación pra dirección teatral está aberta a calquera, sen proba previa ningunha? Cal sería o plan formativo?

    Un saúdo!

  4. jan di:

    Boas! En que consiste a proba de voz? É necesario saber cantar para presentarse? A montaxe deste ano vai ser un musical?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s