ESCOLA DE TEATRO. CONDICIÓNS DE ACCESO E MATRÍCULA

CONDICIÓNS DE ACCESO

Para matricularse no 1º curso da escola de teatro terán prioridade as persoas que se presenten ás probas de acceso á compañía de teatro da USC (días 19 e 20 de setembro, a partir das 18,30 horas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño) e que non consigan entrar na mesma.

Despois deste proceso e de quedar prazas libres na escola, o criterio de acceso será o de rigorosa orde de inscrición na matrícula, aberta desde o día 26 de setembro. Este día farase público o número de prazas libres que puidesen quedar.

MATRÍCULA 2016-2017

Prezos comunidade universitaria. Itinerarios de dirección (4 prazas) e interpretación (16 prazas)

Prezo de cada MÓDULO: 90 euros

CURSO COMPLETO (3 módulos): 170 euros (1º prazo: 100 / 2º prazo: 70)*

Taxa xeral

Prezo de cada MÓDULO: 120 euros

CURSO COMPLETO (3 módulos): 300 euros (1º prazo: 150 / 2º prazo: 150)*

*1º prazo antes do día 7 de outubro de 2016 / 2º prazo antes do día 11 de xaneiro de 2017

Datas de matrícula

Desde o día 26 de setembro, na Área de Cultura da USC (Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro, s/n).

A matrícula no itinerario de interpretación é libre ata cubrir as prazas por rigorosa orde de inscrición.

Para matricularse no itinerario de dirección é necesario inscribirse no lugar de matrícula a antes do día 26 de setembro e realizar unha entrevista que se programará antes do día 6 de outubro, que servirá para escoller o grupo de traballo.

(NOTA. Terán prioridade na matrícula aqueles/as que a fagan polo curso completo)

Espazo

Os cursos desenvolveranse na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño (Campus Vida), coa excepción do Módulo I de Interpretación, que se impartirá na sala Luís Cuesta (Residencia Universitaria “Burgo das Nacións”)

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s