Onte contamos coa xenerosa presenza da compañía IL MAQUINARIO na escola de teatro.
As alumnas e alumnos de Dirección 1 asistiron ás funcións que esta compañía realizou da súa última produción, RESACA, en Pontevedra e A Coruña este último mes, e estivémola analizando nas nosas sesións de traballo. Estrutura, tempo, fragmentación……. E Tito Asorey (director) e Melania Cruz (actriz) regaláronnos unha tarde enteira para comentar, debater e aprender do seu proceso de creación.
Moitas grazas pola súa xenerosidade, a eles e, por extensión, ao resto da compañía.
Un pracer contar con vós na nosa modesta casa.