Director da Aula de Teatro
Roberto Salgueiro González
Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e
Responsabilidade Social
Casa da Balconada
Rúa Nova, 6
15782 – Santiago de Compostela
Galicia
ESPAÑA
e-mail: roberto.salgueiro@usc.es
tfno.: 00 34 8818 11021
Ola! As prazas ofertadas son sò pra alumnos universitarios ou tamèn poden participar no proceso de selecciòn xente de fora da universidade?
Para matricularse na escola de teatro non é preciso formar parte da comunidade universitaria. Canto á compañía, un máximo dun 10% pode ser non universitaria baixo unha serie de condicións.
Boas. Levo un tempo barallando posibilidades fronte ao meu futuro académico ao rematar segundo de bacharelato. A miña opción principal sempre foi estudar historia, pero tamén intepretación. Como non podería compaxinar ambas carreiras de ningún xeito, gustaríame entrar na Compañía de teatro, aínda que tamén facer o curso de interpretación. Isto sería o ano que ven. A miña dúbida principal é se se pode coñecer que se levaría a cabo nas probas de acceso á Compañía, e se para entrar sería mellor facer o curso antes, ou hai que ter algún tipo de base previa. Levo seis anos no grupo de teatro do meu instituto, pero non sei se sería suficiente para poder pasar a proba.
Grazas de antemán.
Ola, Noa. Xa che contesto ao mail que me enviaches. Un saúdo.