Convócanse anualmente, a comezos de curso académico unhas probas de acceso á compañía de teatro da USC, onde as/os alumnas/os de dirección poden formarse a través da montaxe dunha produción escénica.
Existen dúas etapas de traballo ao longo do curso académico:
1. Proceso de montaxe escénica. Ensaios e actividade formativa complementaria entre os meses de setembro a decembro. O calendario de ensaios acostuma ser de luns a xoves, a partir das 19,30 horas
2. Periodo de xira. A exhibición do traballo realizado complementa a formación a través da diversidade de espazos e públicos cos que se contrasta. O calendario nunca ocupa período de exames.
Este traballo está recoñecido academicamente cun Diploma de Aproveitamento.
CURSO 2017/2018
As probas realizaranse os días 18 e 19 de setembro a partir das 18,00 horas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño. Consistirán nunha entrevista e no comentario dunha imaxe entregada no momento.
Ampliar información:
http://www.usc.es/cptf/Formacion/CursosFormacion/Datos2015/Fc42642015-2016g.htm