Módulo I (2017)
Conceptos básicos de dramaturxia e dirección
Datas e horarios:
Todos os luns, do 9 de outubro ao 27 de novembro
Horario presencial: 18,00 – 20,00
Horario de asistencia a ensaios: 20,00 – 21,30
Presentación de proxectos e análise: 11,12 e 13 de decembro
Horario: 18,00 – 21,00
Módulo II (2018)
A posta en escena
Datas e horarios:
Todos os mércores e xoves, do 31 de xaneiro ao 15 de marzo
Horario presencial: 19,40 – 21,40
Módulo III (2018)
Prácticas
Datas e horarios a convir en quenda de mañá ou tarde – mínimo 20 horas – entre o 2 e o 17 de abril
Presentación de proxectos: entre o 23 e o 29 de abril
Nota: Nos módulos II e III unifícanse as aulas coas/os alumnas/os de interpretación, con quen se realizarán as prácticas.
Imparte: Roberto Salgueiro
CONTIDOS
Dirixir unha posta en escena é escribir un discurso teatral mediante unha serie de ferramentas. Coñecer cales son esas ferramentas e entender que as historias (discurso teatral) non teñen porque estar sometidas á linealidade nin á referencia empírica do mundo resulta ser o fundamento básico para construír calquera arquitectura. Porque iso é, en definitiva, unha historia: unha estrutura que só debe responder á coherencia interna do seu mundo. A diferenza da literatura dramática, a posta en escena debe estar argumentada no emprego sólido do traballo do actor así como do espazo onde se constrúe esa historia, que vén determinado pola iluminación, os obxectos físicos, o vestiario, o son … Todo o cal debe ser concibido nunha forma que lle dará o valor estético que definirá a creación teatral.
O traballo do módulo I está dirixido a tratar os conceptos básicos da creación dramatúrxica e a preparar un caderno de traballo da posta en escena dunha peza escollida.
Nos módulos II e III unifícanse as aulas coas/os alumnas/os de interpretación para asistir e comentar o traballo escénico con eles e para realizar, igualmente con eles, as prácticas.
Ao longo do curso asistirase a un mínimo de tres funcións teatrais de compañías profesionais que serán analizadas nas aulas e postas en común cos seus creadores. Igualmente, visitaranse diferentes espazos teatrais para coñecer o seu funcionamento técnico.
Bibliografía básica
Badiou, Alain. Rapsodia polo teatro, breve tratado filosófico, Sotelo Blanco, 1994
Brook, P. La puerta abierta. Reflexiones sobre la actuación y el teatro, Alba Editorial, 1994
Hauser, F. e Reich, R. Notas de dirección. 130 lecciones desde la silla del director, Alba Editorial, 2017
Knébel, Maria O. Poética de la pedagogía teatral, Siglo XXI, 1991
Sánchez, José A. Dramaturgias de la imagen, Universidad de Castilla-La Mancha, 2014