INTERPRETACIÓN 2. PROGRAMA

Durante o segundo ano de interpretación o traballo vai dirixido a consolidar a autonomía escénica do alumno.

Tanto o calendario como o programa está personalizado e vaise modificando ao longo do curso para adaptarse ás necesidades e perfís de cada un dos alumnos. O curso comeza no mes de setembro e remata no mes de abril, cunha exposición pública final .

O obxectivo principal durante este segundo ano é a toma de conciencia do corpo como ferramenta primeira do traballo do actor, materia da que parte o son e que xera una partitura no seu movemento escénico. Ritmo, melodía e escoita convértense en conceptos centrais do noso traballo.

Ao longo deste curso participan tamén diversos profesionais para tratar aspectos fundamentais das voz e da dramaturxia e desenvólvense actividades paralelas.

As condicións de matrícula son as mesmas que para os alumnos do 1º curso.

O número de prazas está restrinxido a 8.