CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO Á COMPAÑÍA DE TEATRO. CONVOCATORIA DE MATRÍCULA NO PROGRAMA DE FORMACIÓN TEATRAL.

As probas de acceso á compañía de teatro da Aula de Teatro da USC terán lugar os días 7, 8 e 9 de setembro de 2015, a partir das 18,30 horas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño. Unha comisión integrada por tres persoas avaliará os tres exercicios propostos: lectura dun poema, proba de voz e improvisación. Poderán presentarse aquelas persoas interesadas en interpretación e dirección.

A matrícula no programa de formación teatral comenzará o día 23 de setembro de 2015, e as aulas comezarán o día 5 de outubro para os itinerarios de dirección e escrita teatral (este último comeza o próximo curso académico) e o día 6 de outubro para o itinerario de interpretación.

Trufaldino, servidor de dous amos (2007)

 

 

Publicado en Uncategorized | 8 Comentarios

Convocatorias para o curso académico 2015-2016

O vindeiro luns 15 de xuño sairán publicadas as datas da convocatoria de probas para o acceso á compañía de teatro así como de matrícula nos itinerarios de dirección e interpretación do noso programa de formación teatral para o curso académico 2015-2016.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Premios para Sweeney Tood

Nos últimos días a produción teatral da Aula de Teatro en colaboración coa orquestra da USC, Sweeney Tood, o barbeiro diabólico da rúa Fleet, recibiu o Premio do Público na XX MITEU de Ourense que foi recollido polo director da Área de Cultura da nosa universidade, Pablo Sampedro. Igualmente, a Aula de Teatro presentou o seu Sweeney Tood no XVI-ias tarptautinis universitetu teatru forumas en Vilnius (Lituania) na segunda sala do Teatro Nacional e recibiu un total de seis premios, ao espectáculo e ás interpretacións femeninas e masculinas (Miguel Gendre, Helena Salgueiro, Alba López, Breogán Martínez, Aldara Cidrás)

Foto de Robert Germay

11263981_633476630087932_5319231770603841296_n

Entrega de premios. Vilnius. Lituania.

17550874745_808596c1ef_m

Entrega de premios. Vilnius. Lituania.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

XVI MOSTRA DE TEATRO UNIVERSITARIO DE GALICIA, entre o 27 de abril e o 13 de maio

O luns 27 de abril comeza a XVI edición da Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que terá lugar no Salón Teatro e na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño. A entrada é gratuíta previo paso polo despacho de entradas. As funcións do Salón Teatro están programadas ás 20,00 horas e as da sala Roberto Vidal Bolaño ás 21,30 horas.

Estades todas e todos convidados!

CARTEL 16º MOSTRA

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

SWEENEY TODD no Auditorio da USC o mércores 22 e xoves 23 de abril

Os vindeiros mércores 22 e xoves 23 de abril imos presentar o noso Sweeney Todd nun espazo diferente, a nosa casa. O lugar onde montamos este traballo acollerá dúas funcións para público que comezarán ás 21,30 horas. A entrada será de balde, pero o aforo é reducido. Poden retirarse as entradas desde as 19,00 horas. Só as de cada día.

Nesta ocasión presentamos Sweeney Todd doutro xeito ao tradicional e aproveitamos as características arquitectónicas que nos brinda o Auditorio para armar un espazo escénico distinto. Así foi como o construímos durante o proceso de ensaios e agora queremos compartilo co público.

10601318_554758157959780_1789528944_n

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Xira de Sweeney Todd. Premios no Festival de Teatro de Covilha

Sweeney Todd. Aula de Teatro da USC

Traballando nos teatros e pelexando con mangueiras, trócolas, proxectores e linóleos indomeables…! É que dicir dos pianos, e do espazo para o contrabaixo, os chelos e os violíns e a impertinente viola…

Sweeney Todd. Aula de Teatro da USC

Nestas últimas xornadas tivemos a oportunidade de traballar en diferentes espazos, no teatro da ESAD de Galicia, no auditorio de Arteixo, no Teatro Principal de Covilha, no Teatro da ESAD de Murcia e no Centro ÁGORA da Coruña. Compartimos cos técnicos das salas as preocupacións por colgar a gaiola onde vai Johanna, engraxamos as mans con esa endiañada cadea que cando sube a máis de quince metros parece que nunca remata de baixar, algúns cafés enriba da escenografía (literalmente), 19827_379917902214051_8170199300242283802_n músicos aprendendo a atar un ciclorama, a ventar unha vara ou a filtrar panoramas e actrices a actores coñecendo as intimidades dun chelo ou dun violín…

A xira que realizamos coas producións da compañía supoñen sempre unha segunda parte no percorrido pedagóxico que iniciamos a comezos de curso académico, cando principiamos os proxectos. Compartir as montaxes con diferentes públicos fai medrar o traballo do reparto e, nesta ocasión, dos músicos da Orquestra do Espazo e Cámara da USC que conforman con actores e actrices e técnicos un equipo sólido e solidario.

Sweeney Todd. Aula de Teatro e Orquestra do Espazo de Cámara da USCTivemos a sorte de recibir no Festival de Teatro de Covilha (Portugal) o Premio do público e o Premio á mellor interpretación feminina (Helena Salgueiro-Mrs. Lovett) e, por riba de todo, o cariño do público que encheu os teatros.

E continuamos!

As fotos son de Miguel Gendre-Sweeney Todd.

11116429_381532795385895_4442716788034432318_o

11096595_378814622324379_2401164500275039121_o

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Datas das próximas funcións de SWEENEY TODD

10904473_368365886702586_7829478563965250538_o

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Sweeney Todd abre o XXI Festival Internacional de Teatro Universitario da USC

O próximo luns día 9 de febreiro comeza a XXI edición do noso festival internacional de teatro universitario, que contará coa presenza das escolas superiores de arte dramática de Galicia e Murcia, co Théâtre Royal Universitaire de Liège e coa compoñía portuguesa TEATRUBI.

Para a xente que quedou sen ver no mes de decembro a nosa adaptación de Sweeney Todd, o barbeiro diabólico da rúa Fleet, con libreto musical de Sondheim, esta é unha boa oportunidade.

As funcións serán ás 21,00 horas e o despacho de entradas abre desde as 18,00 horas. Entrada de balde.

Maquetaci—n 1

cropped-sweeney-portada.jpg

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Próximas funcións de Sweeney Todd en Santiago de Compostela

As seguintes funcións do noso Sweeney Todd en Santiago de Compostela terán lugar o luns 9 e martes 10 de febreiro de 2015, ás 21,00 horas no Teatro Principal.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Sweeney 8

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario